03 de Maio de 2023

Convenio de colaboración coa operadora de telefonía DIGI

O noso presidente, Martín Bermúdez, cos responsables da operadora

O Coafga asinou o pasado venres 28 de abril un convenio de colaboración coa operadora DIGI para ofrecer aos administradores de inmobles colexiados un servizo dispoñible de forma permanente para aclarar dúbidas sobre a instalación da Fibra. Ao non traballar con subcontratas, DIGI garante unha resposta rápida a calquera incidencia que poida ocorrer co fin de maximizar a calidade e os servizos ofrecidos.

DIGI forma parte dun grupo con máis de 30 anos de experiencia internacional no sector das telecomunicacións, presente en España desde 2008, coa misión de facer chegar a fogares e empresas telefonía e fibra.

Mediante o despregamento de rede propia de fibra e contando cun equipo propio de profesionais en cada zona está a facerse posible que cada vez sexan máis clientes os que poden gozar ao mellor prezo da que foi varios anos galardoada como a fibra máis rápida de España, situándose como primeiro operador nacional en ofrecer velocidade de 10 Gbps aos seus clientes PROL-DIGI.