Prevención de la violencia de género en el entorno vecinal

O que sucede entre as paredes dunha vivenda pertence ao ámbito da privacidade, á intimidade familiar. Pero hai excepcións, e a violencia machista é, desde logo, unha delas. Non pechar os ollos ante un posible caso que se produza na casa do lado é o que busca a campaña que se pon hoxe en marcha. Por iso, os 30.000 folletos que se van distribuír nas comunidades de veciños informan, primeiro, dos sinais de alarma que se poden recoñecer. Golpes, insultos, gritos ou lesións visibles, choros reiterados de menores ou ausencia dalgunha veciña sen motivo aparente son algúns dos sinais de alarma que identifica o folleto. A campaña inclúe formación específica para que os administradores das comunidades poidan canalizar as consultas ou sospeitas dos veciños.

Ver a nova completa

 

Ofrenda a Santo Domingo

Contacto

Juan Flórez 49, 2º derecha

15004 - A Coruña

Teléfono: 981 126 162

E-mail: coafga@coafga.org